A investigación científica como vocación. Apúntaste?

Seguramente vistedes alguna vez CSI ou El mentalista ou Expediente X. En todas estas series aparecen  persoaxes que cumpren unha labor fundamental nos casos delictivos que se pretenden resolver, son os novos Sherlock Holmes:  especialistas en psicoloxía, química, informática, xenética e outras materias. Entre eles tamén están os científicos forenses.

Hoxe imos dedicarlle unhas referencias  a  ciencia forense, unha disciplina complexa que precisa de moi diversos investigadores. Un destes investigadores, nacido en Galicia e que traballa fundamentalmente aquí en Galicia, acaba de recibir un galardón de importancia internacional, coñecido como Medalla Adelaida.

Falo de Angel Carracedo, catedrático de medicina legal en Santiago de Compostela que na actualidade está, xunto co seu equipo, traballando en áreas como a xenética de enfermedades cardiovasculares ou a farmacoxenética. Para eles secuenciar un xenoma é unha cotidianidade. Por certo, espero comentarios explicando que significa esto.

Posiblemente a farmacoxenética será unha práctica habitual no futuro próximo, asi que temos que ir preparándonos. Buscade información e contade de que vai esta nova disciplina. Aquí queda unha axuda: visualizade este vídeo.


Publicado en Investigación, medicina | Etiquetado , | Deixa un comentario